Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10933

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), pola que se fan públicos diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar nas datas do 15 e 21 de marzo de 2012, do tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 12 de decembro, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, adoptáronse os seguintes acordos:

Primeiro. En canto ao sistema de promoción interna.

Un. Anular as preguntas 80, 105, 119 e 123 do primeiro exercicio do proceso selectivo, pasando a ser substituídas polas preguntas de reserva 121 e 122.

Modificar a resposta da pregunta número 70, pasando a ser a resposta correcta a D).

Modificar a resposta da pregunta número 89, pasando a ser a resposta correcta a A).

Dous. Desestimar o resto das solicitudes presentadas.

Tres. Indicar que, de conformidade coa base II.1.1.1 da orde da convocatoria superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna aqueles aspirantes que obtiveron unha puntuación superior a 10 puntos, para o cal o tribunal fixou en corenta e cinco (45) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas nesta mesma base.

Segundo. En canto ao sistema de acceso libre:

Un. Anular as preguntas 84, 105, 119 e 123 do primeiro exercicio do proceso selectivo, pasando a ser substituídas polas preguntas de reserva 121 e 122.

Modificar a resposta da pregunta número 4, pasando a ser a resposta correcta a C).

Modificar a resposta da pregunta número 26, pasando a ser a resposta correcta a A).

Modificar a resposta da pregunta número 77, pasando a ser a resposta correcta a D).

Modificar a resposta da pregunta número 86, pasando a ser a resposta correcta a A).

Dous. Desestimar o resto das solicitudes presentadas.

Tres. Indicar que, de conformidade coa base II.1.1.1 da orde da convocatoria superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo polo sistema de acceso libre aqueles aspirantes que obtiveron unha puntuación superior a 10 puntos, para o cal o tribunal fixou en corenta e cinco (45) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas nesta mesma base.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes, no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da orde pola que se convoca o proceso selectivo, os aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que consideren oportunas.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

Gerardo Pallares Sánchez
Presidente do tribunal