Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10932

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de marzo de 2012 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

A Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde o final do exercicio anterior.

Unha vez realizado o segundo exercicio o día 1 de marzo de 2012, tendo en conta diversas cuestións técnicas e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda