Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (646/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 646/2009, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e catro de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 646/2011 seguidos por instancia de Beatriz González Parada, representada pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra Café Bar Deivy, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, considerando integramente a demanda formulada por Beatriz González Parada, representada pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra Café Bar Deivy, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 767,87 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Café Bar Deivy, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial