Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

AUTOS (628/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 628/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo n.º 628/2009, seguidos por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada polo letrado Sr. Blanco Arce, contra a empresa Cafetería Pernas, S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada polo letrado Sr. Blanco Arce, contra a empresa Cafetería Pernas, S.L., que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 3.404,91 euros, no sentido exposto no fundamento único, incrementada cos xuros de demora pertinentes.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza. Pasado este prazo quedará firme e procederase ao seu arquivo.

O recorrente que non teña a condición de traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar como depósito, na conta de depósitos e consignacións correspondente ao órgano que ditase a resolución contra a cal se recorreu, a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cafetería Pernas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado