Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (678/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Demanda 678/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte e catro de decembro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 678/2009 seguidos por instancia de Jesús Esmorís Blanco, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Ausima, S.A., en rebeldía procesual, o Fogasa, que non comparece, e o Administrador Concursal da empresa Ausima, S.A., que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que considerando a demanda formulada por Jesús Esmorís Blanco, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Ausima, S.A., en rebeldía procesual, o Fogasa, que non comparece, e o Administrador Concursal da empresa Ausima, S.A., que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 3.257,42 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET. Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales de fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados da notificación desta sentenza, do cal coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ausima, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial