Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (669/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 669/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte e catro de febreiro de dous mil doce.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 669/2009, seguidos por instancia de Ana Josefina Veiga Carrillo, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Corpiño Textil, S.L. e contra María Luz Tato Formoso, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Ana Josefina Veiga Carrillo, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Corpiño Textil, S.L. e contra María Luz Tato Formoso, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 9.622,50 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Corpiño Textil, S.L. e María Luz Tato Formoso, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial