Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de técnico/a de Administración xeral neste concello.

No BOP número 16, do día 24 de xaneiro de 2012, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade de dúas prazas de técnico/a de Administración xeral.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 6 de marzo de 2012.

José Manuel Rey Varela
Alcalde