Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo/a neste concello.

No BOP número 16, do día 24 de xaneiro de 2012, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo/a.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 6 de marzo de 2012.

José Manuel Rey Varela
Alcalde