Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15181

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1212/2008).

Procedemento: procedemento ordinario 1212/2008 sobre outras materias.

De: sociedades cooperativas galegas de vivendas Monte Libredón, Lamas de Abade e Cidade Xacobea.

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Muñoz.

Contra: Efongalma, S.L., Provisan Compostela, S.L.

Procuradora: María Jesús Fernández-Rial López.

Eu, María Novo López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por este edicto anuncio que no presente procedemento ordinario 1212/2008, seguido por instancia das sociedades cooperativas galegas de vivendas Monte Libredón, Lamas de Abade e Cidade Xacobea, contra Provisan Compostela, S.L. e Efongalma, S.L., se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son o seguinte:

«Sentenza.

En virtude do poder conferido pola Constitución, e en nome de S.M. o rei.

En Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2011.

Amelia María Cortizo Moure, xuíza substituta no Xulgado de Instancia número 1 desta cidade e o seu partido, ditou a presente resolución no xuízo ordinario 1212/2008 que versa sobre nulidade de contrato e outros extremos promovidos polo procurador Sr. Regueiro, en nome e representación das sociedades cooperativas galegas de vivendas Monte Libredón, Lamas de Abade e Cidade Xacobea, baixo a dirección letrada de Gerardo Sánchez-Brunete Varela contra a empresa Provisan Compostela, S.L., representada pola procuradora Sra. Fernández Rial e defendida pola letrada Irene Vila e contra a empresa Efongalma, S.L. en situación de rebeldía.

Resolvo que con estimación da demanda interposta polo procurador Sr. Regueiro Muñoz, en nome e representación das sociedades cooperativas galegas de vivendas Monte Libredón, Lamas de Abade e Cidade Xacobea, contra a empresa Efongalma, S.L. e Provisan Compostela, S.L., debo declarar e declaro:

a) A nulidade do contrato de compravenda con pacto de retro subscrito entre as sociedades demandadas mediante escritura pública do 25 de maio de 2007, outorgada nos estudos da notaría do notario desta cidade de Santiago de Compostela, Nelson Rodicio Rodicio, co número 2.224 do seu protocolo.

b) Que a propiedade dos oito predios obxecto do contrato de compravenda con pacto de retro subscrito polas entidades demandadas mediante escritura pública do 25 de maio de 2007, outorgada nos estudos da notaría do notario desta cidade de Santiago de Compostela, Nelson Rodicio Rodicio, co número 2.224 do seu protocolo, así como calquera dereito que poida derivar da súa expropiación, lles corresponde ás sociedades cooperativas galegas de vivendas Monte Libredón, Lamas de Abade e Cidade Xacobea, en pro indiviso e a razón do 22,87%, 22,80% e 54,33%, respectivamente, por título de compravenda.

c) En consecuencia, debo condenar e condeno as entidades demandadas a se ater ás anteriores declaracións así como a outorgar as escrituras públicas que foren precisas para o recoñecemento dos dereitos dos demandantes. Deberán, de ser o caso, cancelar as inscricións contraditorias.

As custas impóñenselles aos demandados.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, para ante a Audiencia Provincial, no prazo e coas condicións establecidas na vixente lei rituaria.

Lévese testemuño literal aos autos da súa razón e quede o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Notifíqueselle a sentenza á demandada rebelde Efongalma, S.L. coas especialidades establecidas nas leis.

Así, por esta miña resolución, xulgando nesta primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o dito demandado, Efongalma, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma e para a súa inserción no taboleiro do xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial