Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de información pública sobre implantación de instalacións base de telefonía móbil neste concello.

Telefónica Móviles España, S.A. solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para implantación de instalacións base de telefonía móbil, no concello da Baña. En cumprimento da ordenanza municipal para a instalación e funcionamento de instalacións de telefonía móbil, persoal e outros servizos de telecomunicacións e de difusión, sométese a información pública polo período dun mes, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamación ou observacións que xulguen oportunas.

A Baña, 1 de marzo de 2012.

José Andrés García Cardeso
Alcalde