Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de convocatoria para selección de persoal funcionario deste concello.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 71, do 26 de marzo de 2012, corrección de erros publicada no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 78, do 3 de abril, publícanse integramente a convocatoria e as bases xerais e as bases específicas para o acceso a prazas de persoal funcionario do Concello de Becerreá, para os que resulta de aplicación a disposición transitoria segunda do Estatuto básico do empregado público (persoal laboral fixo do Concello de Becerreá que desempeña funcións ou postos clasificados como propios de persoal funcionario): praza de técnico de administración xeral do Concello de Becerreá, aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 19 de marzo de 2012.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte dias naturais contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo ou no taboleiro de anuncios do Concello.

Becerreá, 3 de abril de 2012.

O alcalde