Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de información pública sobre a convocatoria e as bases para o acceso a unha praza de administrativo, escala de Administración xeral, reservada a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 71, do 26 de marzo de 2012, publícanse integramente a convocatoria e as bases para o acceso a unha praza de administrativo da escala de Administración xeral, do Concello de Becerreá, reservada a promoción interna, e a correspondente convocatoria, aprobadas por Resolución da Alcaldía do 19 de marzo de 2012.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo ou no taboleiro de anuncios do concello.

Becerreá, 3 de abril de 2012.

O alcalde