Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17702

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se procede a publicar a encomenda de xestión á empresa Tecnología y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) para a realización dos traballos de supervisión dos controis nos tres tipos de medidas dentro do Plan galego de controis Feader.

Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia a orde de execución da extinta Consellería do Medio Rural a Tragsatec para a realización dos traballos de supervisión dos controis nos tres tipos de medidas dentro do Plan galego de controis Feader.

Para xeral coñecemento, disponse a súa publicación como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Mediro Rural e do Mar

ANEXO

Primeiro. Actividade a que se refire.

A actividade a que se refire esta encomenda de xestión é a realización dos seguintes servizos técnicos de supervisión de controis e control de calidade:

– Supervisión dos controis relativos ás medidas SIXC.

– Supervisión dos controis relativos ás medidas non SIXC.

– Supervisión dos controis das medidas asociadas ao enfoque Leader.

Segundo. Natureza e alcance da xestión encomendada.

Esta encomenda de xestión ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e do Real decreto 1072/2010, do 20 de agosto, polo que se desenvolve o réxime xurídico da empresa Tragsa e das súas filiais, entre as cales se atopa Tragsatec.

Terceiro. Prazo de vixencia.

O período de execución comezará o 1 de xaneiro de 2012 e rematará o 15 de xuño de 2012, sen que se recolla posibilidade de prórroga.