Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo para o apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes propios do Xurado de Expropiación de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 75/881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17445

8) Data límite de obtención de documentación e información: 11 de xuño de 2012.

a) Número de expediente: 19/2012 SXT (XE).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes propios do Xurado de Expropiación de Galicia.

c) Lugar de execución/entrega: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72310000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra N do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 346.156,40 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 173.078,20 € Importe total: 204.232,28 €.

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5% do orzamento de licitación, excluído o IVE): 8.653,91 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 12 de xuño de 2012, ás 19.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de recepción de ofertas.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura de oferta técnica (sobre B).

b) Dirección: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: 26 de xuño de 2012, ás 10.00 horas.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG n.º 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas