Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

AUTO de aclaración de sentenza (655/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 655/2009, seguido neste xulgado por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza deste reforzo, se ditou auto aclaratorio de sentenza co teor literal seguinte:

«Auto:

A Coruña, 27 de abril de 2012.

Feitos:

Primeiro. Con data do 22 de marzo de 2012 ditouse sentenza nestes autos, do seguinte teor:

“Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Óscar Iván Vázquez Castro, representado polo seu letrado, contra a empresa Construcciones Soremax, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de 3.243,71 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes”.

Segundo. Mediante escrito do 25 de abril de 2012, recibido neste xulgado con data do 26 de abril de 2012, a representación de Óscar Iván Vázquez Castro solicita a rectificación desa resolución, xa que se produciu un erro na transcrición da contía reclamada.

Terceiro. No día da data quedaron os autos á disposición do provedor para ditar a oportuna resolución.

Fundamentos de dereito:

Único. O artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, e en idéntico sentido os artigos 214 e 215 da LAC, regula o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros simplemente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen en ningún caso consentir que por tal vía se poida rectificar o que derive dos fundamentos xurídicos e sentido da resolución ou se subvertan as conclusión probatorias previamente mantidas, agás que excepcionalmente o erro material consista nun “mero desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e o ditame da resolución xudicial”, é dicir, cando sexa evidente que o órgano xudicial “simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo á resolución”.

Así mesmo, establece o artigo 267.3 da LOPX: “3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento”.

Tendo en conta que efectivamente se produciu un erro de transcrición na resolución, débese acceder á rectificación solicitada pola representación legal do demandante, no sentido proposto por ela no seu escrito do 25 de abril de 2012.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Débese aclarar o ditame da sentenza do 22 de marzo ditada nestes autos, que queda como segue:

“Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Óscar Iván Vázquez Castro, representado polo seu letrado, contra a empresa Construcciones Soremax, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de 3.418,73 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes”.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso, en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e no artigo 267.7 da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por este auto, o pronuncia, manda e asina Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña. Dou fe».

E para que así conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este auto.

A Coruña, 4 de maio de 2012.

A secretaria xudicial