Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22540

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2012/2013 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería.

Con data do 29 de febreiro de 2012 publicouse a Orde do 24 de febreiro de 2012 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013.

Estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola xefa territorial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas/os e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantis.net e nos propios centros.

As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido, de conformidade coa orde, para matricularse presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto acompañado de certificado médico da/o nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web http://benestar.xunta.es e
http://www.escolasinfantis.net

De non formalizar a matrícula da/do nena/o no prazo sinalado, considerarase decaída/o na súa solicitude.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de maio de 2012

Mª Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo