Con data do 29 de febreiro de 2012 publicouse a Orde do 24 de febreiro de 2012 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013.
Estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas polo xefe territorial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas/os e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso.
Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantis.net e nos propios centros.
As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido, de conformidade coa orde, para matricularse presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto acompañado de certificado médico da/o nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web http://benestar.xunta.es e
http://www.escolasinfantis.net
De non formalizar a matrícula da/do nena/o no prazo sinalado, considerarase decaída/o na súa solicitude.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 28 de maio de 2012
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense