Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24897

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Orde do 21 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se convocan para 2012.

Advertidos erros na orde indicada, publicada no DOG nº 98, do 24 de maio de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 19.634, no artigo 10.V, onde di: «Uso da lingua galega polo persoal encargado de impartir os cursos: ata 5,5 puntos», debe dicir: «Uso da lingua galega polo persoal encargado de impartir os cursos: ata 5 puntos».