Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25391

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 12 de xuño de 2012 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Xove.

O Concello de Xove eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente do Plan xeral de ordenación municipal, de conformidade co disposto no artigo 85.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Xove dispón, dunhas normas subsidiarias de planeamento municipal actualmente vixentes, aprobadas definitivamente o 15.12.1993.

2. O Consello da Xunta aprobou definitivamente os proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal dos parques eólicos denominados Viveiro (22.11.2002), Riobó (31.3.2005) e Álabe Montemaior-Norte (23.9.2004); das liñas de alta tensión de Boimente-Buio (19.6.2003) e Riobó (29.4.2004); e da ampliación II de granxa mariña na praia de Lago (2.4.2009).

3. O 22 de novembro de 2005 emitiuse informe previo á aprobación inicial do PXOM, de conformidade co disposto no artigo 85.1 da LOUG.

4. O Pleno do Concello de Xove aprobou inicialmente o PXOM o 9 de xuño de 2008 e someteuno a información pública por un período de dous meses, mediante anuncios nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso, publicados os días 13.6.2008 e 14.6.2008, así como no Diario Oficial de Galicia número 131, do 8.7.2008, e no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 141, do 20.6.2008. Simultaneamente déuselle audiencia aos concellos limítrofes de Viveiro, Cervo e O Valadouro e solicitáronse os informes sectoriais correspondentes.

5. Mediante Resolución do 21 de decembro de 2009 da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do PXOM de Xove.

6. O Pleno do Concello de Xove aprobou provisionalmente o 15 de marzo de 2010 o documento do Plan xeral de ordenación municipal, e constan a emisión de informes municipais da Secretaría e do arquitecto técnico do 10 de marzo de 2010.

7. O expediente municipal foi remitido a esta consellería para resolver sobre a súa aprobación definitiva, e tivo entrada no rexistro desta o 5 de abril de 2010. No expediente que o concello remitiu para aprobación definitiva, logo da aprobación provisional, constaban os seguintes informes de carácter sectorial:

– En materia de costas, informe do 19.3.2007 da Dirección Xeral de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente.

– En materia de estradas autonómicas, informe favorable da Dirección Xeral de Obras Públicas do 15.2.2008.

– En materia de telecomunicacións, informe da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, do 2.9.2008.

– En materia de ferrocarrís, informe favorable da Dirección Xeral de Ferrocarrís, do Ministerio de Fomento, do 2.9.2008.

– En materia de patrimonio cultural, informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 23.12.2009.

– En materia de augas, informe favorable de Augas de Galicia, do 3.12.2009.

– En materia de portos, informe favorable de Portos de Galicia, do 23.12.2009.

8. En virtude do disposto no artigo 85.5 da LOUG, foi requirido o Concello o 27.4.2010 para que corrixise certas deficiencias documentais. En cumprimento dese requirimento, o Pleno do Concello acordou, tras a emisión dos informes técnico e xurídico municipais do 9.9.2010, aprobar o 20.9.2010 as modificacións derivadas dos informes sectoriais que se deben introducir no PXOM aprobado provisionalmente anteriormente o 15.3.2010.

9. O Concello de Xove deu cumprimento ao anterior requirimento, coa presentación da seguinte documentación o 9 de novembro de 2010:

– Informe da Secretaría Municipal relativo á innecesariedade da solicitude dos informes ao Ministerio de Fomento, en materia de estradas estatais, e ao Ministerio de Defensa.

– Informe favorable en materia de costas, do 30.4.2010, da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar.

– Informe en materia de estradas autonómicas, da Dirección Xeral de Infraestruturas, do 25 de maio de 2010.

– Informe en materia de montes, da Dirección Xeral de Montes, do 21.7.2010.

– Informe do Instituto Galego de Vivenda e Solo, do 3 de agosto de 2010.

– Certificacións expedidas polo secretario municipal acreditativas da solicitude e non recepción, na data da certificación, do informe sectorial en materia de ordenación do litoral, solicitado á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo; e do informe en materia de conservación da natureza, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

10. O Concello de Xove remite o 23.11.2010 documentación complementaria para a súa incorporación ao expediente administrativo, consistente en:

– Proposta de memoria ambiental.

– Informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre xestión de residuos.

11. O 4.2.2011, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ditou orde de non aprobación do PXOM de Xove, ao abeiro do establecido no artigo 85.7.b) da LOUG, e sinalou unha serie de deficiencias que se debían emendar.

12. O 7.7.2011 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dita resolución pola que se modifica a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do PXOM de Xove, segundo o previsto na disposición transitoria primeira do Plan de ordenación do litoral de Galicia.

13. O Pleno do Concello de Xove acordou, tras a emisión dos informes técnico e xurídico municipais do 10.10.2011, aprobar o 17.10.2011 as modificacións derivadas da aplicación da Orde do conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas de 4.2.2011 e dos informes sectoriais que se deben introducir no PXOM aprobado provisionalmente o 15.3.2010.

14. O Concello de Xove remite documentación complementaria para resolver sobre a súa aprobación definitiva, con entrada no rexistro o 27.10.2010 (r.e. nº 180796).

15. En virtude do disposto no artigo 85.5 da LOUG, requiriuse o 25.11.2011 ao concello para que corrixise as deficiencias documentais observadas.

16. O Concello remitiu o 22.12.2011 a documentación requirida: ficha da análise do modelo de asentamento poboacional e memoria de sustentabilidade económica, co visto e prace da interventora municipal e con aprobación polo Concello Pleno en sesión do 19.12.2011.

17. O Concello de Xove o 16.3.2012 presenta solicitude de suspensión do prazo para resolver sobre a aprobación definitiva, para corrixir erros detectados nel.

18. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo resolveu o 21.3.2012 atender a solicitude do Concello de Xove, e suspende o prazo de resolución.

19. O 15 de maio de 2012, o Concello de Xove presenta no Rexistro da Xunta de Galicia un exemplar completo do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Xove e anexo complementario do expediente administrativo correspondente, documentación aprobada polo Concello Pleno en sesión do 9 de maio de 2012.

II. Análise e consideracións.

Logo de analizar a documentación que integra o Plan xeral de ordenación municipal de Xove, aprobada polo Concello Pleno en sesión do 9 de maio de 2012; e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, púidose comprobar que solventa as deficiencias sinaladas na anterior orde emitida por esta consellería o 4 de febreiro de 2011.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESÓLVESE:

1º. Outorgar a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do concello de Xove, de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

2º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

3º. Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

4º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas