Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28618

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 9 de xullo de 2012 pola que se amplía o crédito da Orde do 12 de decembro de 2011 pola que se convocan para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de carácter socioeconómico cofinanciadas co FEP.

A través da Orde do 12 de decembro de 2011 (DOG nº 247, do 28 de decembro), convocáronse para o ano 2012 axudas de carácter socioeconómico.

Tendo en conta o número de solicitudes presentadas e que o crédito orzamentario da orde non é suficiente para atendelas todas e tendo en conta que o artigo 2 da Orde do 12 de decembro de 2011 establece que o crédito inicial poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias e que esta actuación poderá dar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, procede ampliar o crédito orzamentario para a concesión de axudas de carácter socioeconómico.

Por todo o anterior e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2011 en 650.000 euros, con cargo á aplicación 16.30.723A.780.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012. Esta modificación non dá lugar a un novo prazo de presentación de solicitudes, tendo en conta o carácter facultativo que a devandita Orde do 12 de decembro de 2011 lle confería a tal posibilidade.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar