Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36298

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 28 de agosto de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Casa da Parra, praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado á Comunidade Autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de se considerar oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Administración Xeral.

Código: TR.A01.00.001.15770.005.

Nivel: 28.

Centro de destino: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1/A2.

Corpo/escala: xeral.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios/as da Administración da Xunta de Galicia).

missing image file
missing image file