Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36302

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se procede a dar publicidade ás listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número de orde e puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas diversas categorías sanitarias de formación profesional no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Por Resolución do 26 de outubro de 2011 (DOG nº 207, do 28 de outubro), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo de inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, incluíndo as seguintes:

1. Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía.

2. Técnico/a superior en Radioterapia.

3. Técnico/a superior en Hixiene Bucodental.

4. Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico Clínico.

5. Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico.

Nesta primeira xeración de listas tivéronse en conta as persoas aspirantes admitidas con data de inscrición formalizada entre o 2 de novembro e o 30 de novembro de 2011. Polo que respecta aos méritos computados, foron os causados ata o 15 de novembro de 2011 e acreditados dentro do período anterior.

Por Resolución do 30 de abril de 2012 (DOG nº 92, do 15 de maio), da Dirección de Recursos Humanos, publicáronse as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos e os resultados provisionais de baremación de aspirantes admitidos, de acordo coa devandita Resolución do 26 de outubro, coa asignación do número de orde provisional e puntuación obtida, e estableceuse esta para as persoas admitidas un prazo de emenda. De acordo co previsto na convocatoria, estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación destas listaxes definitivas.

Así mesmo, nestas listaxes definitivas incorpóranse as modificacións derivadas da resolución dos recursos potestativos de reposición interpostos contra as listas definitivas de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, publicados pola Resolución do 30 de abril de 2012.

De conformidade coas atribucións conferidas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, a Dirección de Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro. Darlles publicidade ás listas definitivas de aspirantes admitidos, co número de orde e puntuación, nas diversas categorías sanitarias de formación profesional para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. Os/as participantes poderán consultar o seu resultado no FIDES/Expedient-e na epígrafe de procesos, selección temporal ou promoción profesional. As listas definitivas de aspirantes admitidos, co número de orde e a puntuación, están accesibles a través da páxina web do organismo: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

Contra estas listas definitivas os/as aspirantes poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación destas listas definitivas.

Segundo. As listas entrarán en vigor con data do 1 de outubro de 2012, e o chamamento e demais características de xestión das listas serán os previstos no Pacto subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., CEMSATSE, CIG, CSI.F, UGT e USAE con data do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2012

P.D. (Acordo do 14 de agosto de 2012)
Paula Oliete Trillo
Subdirectora xeral de Xestión e Políticas de Persoal