Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37767

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 7 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data, pola que se convocan para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, determinados postos vacantes de persoal licenciado sanitario no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, os postos de persoal licenciado sanitario que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, sito no Edificio Administrativo, planta baixa, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 7 de setembro de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de servizo de Radiodiagnóstico.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de servizo de Anestesioloxía e Reanimación.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de servizo de Neurocirurxía.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de servizo de Otorrinolaringoloxía.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: coordinador/a de Urxencias.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Urxencias.

Número de vacantes: 1.