Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37766

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe de Servizo de Rehabilitación.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder o anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe de Servizo de Rehabilitación.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario no prazo de trinta días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

Pontevedra, 5 de setembro de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés