Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Lama (expediente IN407A 2012/220-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. do Concello 21, 36830 Lama (A).

Denominación: LMTS e CT Polígono Racelo II.

Situación: A Lama.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 491 metros de lonxitude, con orixe nunha cela de liña que se coloca no CT existente Racelo e final no CT proxectado Polígono Racelo II. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/420 V, situado no Polígono de Racelo, A Lama (San Salvador).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 31 de agosto de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra