Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Pazos de Borbén (expediente IN407A 2012/113-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Enderezo social: avda. do Concello 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS e CT Amoedo II.

Situación: Pazos de Borbén.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV con conductor RHZ1 de 452 metros de lonxitude, con orixe no CT existente Polígono Amoedo I e final no CT proxectado Amoedo II. Centro de transformación (Amoedo II) de 250 kVA, RT 20 kV/420 V, situado no Carballiño, Amoedo, concello de Pazos de Borbén.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 28 de xuño de 2012, no BOP do 3 de xullo de 2012, no xornal Faro de Vigo do 14 de xuño de 2012 e no taboleiro de anuncios do concello de Pazos de Borbén. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Polo tanto, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 de Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 31 de agosto de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra