Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 153/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTS parcela A-1 C/ parroquia de Guísamo-Polígono de Bergondo.

Situación: Concello de Bergondo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,396 m, coa orixe en cela de liña existente no CT A-2 Polígono de Bergondo (expediente 333/2006), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1x240 mm² Al), e final en empalmes proxectados coa LMTS. BEG-714, tramo entre o CT. A-2 Polígono de Bergondo (expediente 333/2006) e o CS Bricoking (expediente 185/2008), realizando entrada e saída no CTS. Parcela A-1 Polígono de Bergondo proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña