Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Boqueixón (expediente IN407A 2012/48).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT, CT, RBT Villalapaz.

Situación: concello de Boqueixón.

Características técnicas: pasos aerosubterráneos que se realizarán no apoio nº 5, proxectado de tipo HVH-15/2500 que substitúe o existente da LMT a CT do Casal, cunha tensión nominal de 20 kV.

LMT subterránea a CT Villalapaz. Inicio da liña: paso aereosubterráneo que se realizará no apoio nº 5 de tipo HVH-15/2500 que substitúe o existente da LMT a CT do Casal.

Final da liña: paso aerosubterráneo que se realizará no apoio nº 5 do Casal, despois de realizar a entrada e a saída no CT Villalapaz proxectado de terceira categoría. Cunha lonxitude de 940 m. Condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×95 Al). Tensión nominal 20 kV.

CT Villalapaz. Edificio prefabricado de formigón, con transformador de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4 kV. Illamento de aceite mineral. Protección contra sobretensión mediante termómetros de contactos e protección contra sobreintensidades mediante fusibles de 6A.

Saída RBT subterránea de CT Villalapaz. Orixe: CT Villalapaz proxectado. Lonxitude de 37 m. Condutores XZ1-06/1 kV-4 (1×240 Al) e 1 circuíto.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña