Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38626

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 5 de outubro de 2012 polo que se convoca un proceso para a elaboración de listas de agarda de profesor/a de prácticas de cociña, profesor/a de hixiene, dietética e nutrición e profesor/a de recursos humanos.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) anuncia a convocatoria, mediante concurso ou oposición-concurso, para a elaboración dunha listas de espera de profesor/a de prácticas de cociña, profesor/a de hixiene, dietética e nutrición e profesor/a de recursos humanos no Centro Superior de Hostelería de Galicia, conforme o regulado na normativa para a selección de persoal docente do antedito centro.

A. Convocatoria:

Lista de profesor/a de prácticas de cociña.

As funcións principais son, entre outras e baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento: colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación en cociña (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos), así como coordinar a formación coa xestión dos puntos de venda do CSHG (incluíndo traballos de investigación e consultoría e a realización de servizos de hostalaría).

Lista de profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.

As funcións principais son, entre outras: deseñar as materias relacionadas coa área (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos). Participar na planificación e coordinación da Área de Hixiene nos Restaurantes do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Lista de profesor/a de recursos humanos.

As funcións principais son, entre outras e baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento: colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación na área (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos).

Requisitos mínimos:

1. Ter nacionalidade española.

– Ser nacional de algún dos Estados membros da Unión Europea.

– Ser nacional de algún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais asinados pola Unión Europea e ratificado por España, sexa de aplicación á libre circulación de traballadores.

– Calquera que sexa a súa nacionalidade, tamén poderán participar os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da antedita idade dependentes.

– Ter residencia legal en España, no caso de tratarse de estranxeiros non incluídos nos puntos anteriores.

2. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa, con base no disposto no artigo 56.1.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

3. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

4. De conformidade co artigo 56.1.d) da Lei 7/2007, do 12 de abril, non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás desempeñadas no caso de persoal laboral, en que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

Titulación mínima:

– Profesor/a de prácticas de cociña:

Bacharelato ou titulación oficial equivalente. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados. Formación en cociña. Carné de manipulador de alimentos.

– Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición:

Titulación universitaria superior (licenciatura ou grao) específica en nutrición humana e dietética e/ou farmacia, con formación específica en normalización e lexislación alimentaria, microbioloxía e parasitoloxía alimentaria, dietética e mais en calidade dos alimentos. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

– Profesor/a de recursos humanos:

Licenciatura ou grao nalgunha das seguintes áreas: ADE/CC. empresariais, dereito, psicoloxía ou relacións laborais. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

B. Desenvolvemento do proceso.

As bases e a normativa polas que se rexerán os procesos poderán recollerse no rexistro de Turgalicia ou na páxina web www.turgalicia.es

C. Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes serán dirixidas á directora xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia ao seguinte enderezo: estrada Santiago-Noia km 3, 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto.

2009-30030 Profesor/a de prácticas de cociña.

2001-30010 Profesor hixiene, dietética e nutrición.

2006-30010 Profesor/a de recursos humanos.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

María del Carmen Pita Urgoiti
Directora xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.