Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38629

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.

ANUNCIO de contratación de obras de reparación de vivendas no Mesón da Auga.

1. Entidade contratante: Xestión Urbanística da Coruña, S.A. (Xestur A Coruña). Enderezo: rolda de Nelle 12-bis 1º, 15005 A Coruña. Teléfono: 981 15 14 64. Fax: 981 15 27 12. Páxina web (perfil da contratante): www.xesturcoruna.com

2. Obxecto do contrato: execución das obras de reparación de vivendas da urbanización O Mesón da Auga, no concello de Oleiros.

3. Procedemento de contratación: aberto multicriterio.

4. Orzamento tipo: tipo sen IVE: 459.541,72 €. IVE: 96.503,76 €. Total IVE incluído: 556.045,48 €.

5. Prazo máximo de execución: 5 meses.

6. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría c).

7. Adscrición medios persoais: xefe de obra con titulación e competencias profesionais legalmente atribuídas para ou seu desempeño, con 5 anos de experiencia en obras similares.

8. Garantía provisional: non se exixe.

9. Garantía definitiva: 5 %.

10. Prazo de garantía: mínimo de 12 meses (1 ano), ampliable ata un máximo de 60 meses (5 anos).

11. Criterios de adxudicación: A. Proposta técnica: total 40 puntos (1. Incremento control calidade: 12 puntos. 2. Incremento prazo garantía: 12 puntos. 3. Programa de traballo e memoria de execución: 8 puntos. 4. Prestación de servizos posterior á recepción: 8 puntos.). B. Oferta económica: 40 puntos.

12. Publicidade da licitación: DOG e perfil do contratante.

13. Lugar e prazo de presentación das ofertas: nas oficinas de Xestur A Coruña, ata as 14.00 horas do vixésimo sexto día natural desde a publicación do anuncio no DOG. Se o último día do prazo é sábado ou inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil. Admítense ofertas por correo.

14. Apertura de ofertas: conforme o indicado no prego de bases.

15. Obtención da documentación: prego de bases na páxina web da contratante. Proxecto e información complementaria nas oficinas da contratante.

A Coruña, 14 de setembro de 2012

María Doporto Santos
Xerente de Xestur A Coruña, S.A.