Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45206

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 2 de maio de 2012.

Unha vez convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, á vista da proposta do 26 de novembro de 2012, da comisión encargada de valorar os méritos alegados polos concursantes, e de conformidade coa base VI.5 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.

Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública