Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1243/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1243/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Abraldes Campos contra as entidades Vázquez Carollo, S.L., Churume, S.L., Panadería Pablo, S.L., o Fogasa e os administradores concursais Borja Borrajo Dios e Beatriz Borrajo Dios, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Antonio Abraldes Campos e, en consecuencia, condeno solidariamente a Vázquez Carollo, S.L., Churume, S.L. e Panadería Pablo, S.L. a aboar solidariamente ao demandante 1.249,29 euros, cantidade que se deberá incrementar cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno a administración concursal das entidades demandadas e o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Vázquez Carollo, S.L., Churume, S.L., Panadería Pablo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial