Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45230

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (418/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 418/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Lamas Traba, contra a empresa Rayosil Electricidad, S.L., Rayolid, S.A. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza o 23.10.2012 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Lamas Traba contra Rayosil Electricidad, S.L., Rayolid, S.A. e o Fogasa, debo declarar e declaro que a norma convencional de aplicación á relación laboral subscrita entre o demandante e as mercantís codemandadas é o convenio colectivo de siderometalurxia da provincia da Coruña e, así mesmo, debo condenar e condeno conxunta e solidariamente as entidades Rayosil Electricidad, S.L. e Rayolid, S.A. a aboar a José Manuel Lamas Traba a cantidade de 9.048,12 euros, máis o 10 % da devandita cantidade por demora no seu pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así por esta a miña sentenza, acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rayosil Electricidad, S.L. e Rayolid, S.A., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

O secretario xudicial