Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45225

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (594/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 594/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José A. Pérez Caamaño contra a empresa Mario Pérez Aren, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Na Coruña, cinco de outubro de dous mil doce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 594/2010 seguidos por instancia de José A. Pérez Caamaño, asistido pola letrada Adriana Caneda González, contra a empresa Mario Pérez Aren, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante José A. Pérez Caamaño contra a empresa Mario Pérez Arán, debo condenar e condeno esta a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.780,22 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros de demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose realizando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a José A. Pérez Caamaño, empresa Mario Pérez Aren, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

O secretario xudicial