Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1095/2009).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1095/2009, deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Barreiro Delgado e Patricia Barreiro Bustelo, contra as empresas Viproga, S.A. e Securitas Seguridad España, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza o 26.10.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase parcialmente a demanda interposta por Manuel Barreiro Delgado fronte Securitas Seguridad España, S.A. e fronte a Viproga, S.A. e, en consecuencia, condeno a empresa Viproga, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 5.427,36 euros polos conceptos de mensualidade de febreiro de 2009 (1.519,26 euros), para proporcional de pagas extraordinarias (2.211,02 euros), parte proporcional de vacacións desfrutadas e non percibidas (268,08 euros) e horas extraordinarias (1.429,00 euros), máis o 10 % de xuros por demora no pagamento, e absolvo a empresa Securitas Seguridad España, S.A. de todas as pretensións fronte a ela deducidas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

O secretario xudicial