Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47002

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Mediante Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26 de marzo), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias (enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061 e enfermeiro/a en obstetricia-xinecoloxía-matrón/matroa) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Así mesmo, mediante Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26 de marzo), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos (facultativo/a especialista de área de Psicoloxía, traballador social, logopeda, técnico/a superior en prevención de riscos laborais e técnico de grao medio en prevención de riscos laborais) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Nas ditas resolucións prevíase unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 26.4.2012 que cumpriran os requisitos determinados na citada resolución.

Pola Resolución do 29 de xuño de 2012 (DOG nº 131, do 10 de xullo), publicáronse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais nas categorías.

1. Enfermeiro/a.

2. Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

3. Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía-matrón/matroa.

4. Traballador social.

5. Logopeda.

Resoltas as solicitudes de emenda, procédese á publicación dos resultados, mediante unha lista definitiva de excluídos/as e admitidos/as.

As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación destas listas definitivas.

Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación das listas definitivas.

Ademais, por medio desta resolución publícanse tamén os resultados provisionais de aplicación do baremo sobre os méritos dos/das aspirantes admitidos/as e o número de orde provisional que resulta da puntuación obtida.

Así mesmo, pola presente resolución disponse a publicación do número de titulares e suplentes das listas especiais para nomeamentos de curta duración (norma II.8 do Pacto de selección temporal) de enfermeiro/a, desagregada por centro ou complexo hospitalario, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no enlace que figura ao final desta resolución.

As persoas aspirantes admitidas, só con respecto aos resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación das listas provisionais.

As listas definitivas de excluídos/as e a lista de admitidos/as definitiva coa puntuación da baremación provisional e o número de orde están accesibles a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde:

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=91267

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde