Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de xaneiro de 2013 pola que se acorda declarar deserta a primeira poxa pública de venda duns inmobles na rúa Uruguai de Vigo.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 20 de xullo de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados en Vigo.

Logo de publicarse o 20 de novembro de 2012 no Diario Oficial de Galicia número 221 e nun xornal de ampla difusión (Faro de Vigo do mesmo día) o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 18 de decembro de 2012 a poxa pública anunciada, co cal, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en primeira poxa a adxudicación do seguinte lote:

Piso segundo esquerda, da casa número 4 da rúa Uruguai de Vigo, destinado a vivenda, cunha extensión superficial de 148 m2.

Piso segundo dereita, da casa número 4 da rúa Uruguai de Vigo, destinado a vivenda, cunha extensión superficial de 133 m2.

Referencias catastrais: 3362002NG2736S0006YW e 3362002NG2736S0007UE.

Inscritos no Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo como predios 25118 e 25119 no libro 59.

Tipo de licitación: 477.700 euros.

Segundo. De acordo co disposto na cláusula décimo primeira do prego de condicións deste alleamento, terá lugar unha segunda poxa como lote único o día 13 de febreiro de 2013, no salón de actos do edificio administrativo de Vigo, a partir das 12.00 horas, con rebaixa no tipo de taxación dun 15 %. Se a segunda poxa quedar deserta, os inmobles ofertaranse a seguir en terceira poxa cunha rebaixa do tipo de licitación dun 30 % respecto da primeira.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda