Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2013, do Servizo Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles notifica aos titulares dos establecementos que se relacionan a resolución da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan.

O Decreto 52/2011, do 24 de marzo, polo que se establece a ordenación de apartamentos e vivendas turísticas na Comunidade Autónoma de Galicia, recolle, na disposición transitoria segunda, para as vivendas vacacionais inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, un prazo de seis meses para solicitar a súa clasificación como vivenda turística.

Este organismo efectuou o preceptivo trámite de audiencia ao que fai referencia o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), respecto do cal os titulares dos establecementos relacionados no anexo non efectuaron ningunha alegación.

Por todo o anteriormente exposto a Secretaría Xeral para o Turismo resolve a cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega das vivendas vacacionais. O que se lle notifica aos titulares destas, comunicándolles que, contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda vacacional Piso Estorde.

Titular: Clotilde Graiño Pérez.

Enderezo: rúa Estorde, s/n.

Concello: Cee.

Establecemento: vivenda vacacional Casa Muiño de Cerceda.

Titular: Emilio García Fernández.

Enderezo: Lg. O Pedamúa, 70.

Concello: Cerceda.

Establecemento: vivenda vacacional Apartamentoson.

Titular: Manuel Muiño Varela.

Enderezo: Camiño Novo, 31.

Concello: Porto do Son.

Establecemento: vivenda vacacional Yeswecan.

Titular: Construcciones Aldemunde, S.L.

Enderezo: rúa da Trisca, 20, 2º B.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: vivenda vacacional Paxareco Compostela.

Titular: Nora Concepción Candanedo Otero.

Enderezo: Patio de Madres, 9, baixo.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: vivenda vacacional Casa Compostela.

Titular: Jesús Manuel García Nieves.

Enderezo: rúa Castrón d’Ouro, 14, 3º.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecimiento: vivenda vacacional Sarela.

Titular: José Manuel García Nieves.

Dirección: rúa Sarela, 77, 1º, 15.

Ayuntamiento: Santiago de Compostela.

Establecemento: vivenda vacacional Mirador de San Xiao.

Titular: Alfonso Balsera Coello.

Enderezo: Lg. Pantín, San Xiao.

Concello: Valdoviño.