Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros (expediente IN407A 309/2010).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I e anexo II do LMTS, CS do lugar do Bosque, rúa dos Templarios.

Situación: concellos Cambre, Culleredo e Oleiros.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea subestación San Marcos-CS lugar do Bosque a 15/20 kV, cunha lonxitude de 3,580 km, en condutor RHZ1-2OL-12/20kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe en cela de liña existente na subestación de San Marcos (expediente 27.663) e final en cela de liña no CS do lugar do Bosque proxectado, establecéndose o tramo entre a subestación e o punto 2 baixo canalización existente na LMTS liña Cero San Marcos (expediente IN407A 2000/036).

Liña de media tensión subterránea CS lugar do Bosque-CS rúa dos Templarios a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,952 km, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe en cela de liña no CS do lugar do Bosque proxectado e final en cela de liña no CS rúa dos Templarios.

Liña eléctrica de media tensión subterránea CS rúa dos Templarios a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,126 km, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMC-715 (expediente IN407A 2000/036), tramo entre a subestación de San Marcos (expediente 27663) e o CT Fonteculler (expediente 26702), e final no CS rúa dos Templarios proxectado no cal realizará entrada e saída.

Centro de seccionamento prefabricado na rúa dos Templarios, tipo 3L, situado no Burgo, no concello de Culleredo.

Centro de seccionamento prefabricado no lugar do Bosque, de tipo 4L telecontrolado, situado de forma provisoria na marxe dereita da antiga vía de acceso ao aeroporto, fronte ao aparcadoiro provisorio, no concello de Culleredo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o anexo I e II do proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña