Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 18 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha resolución correspondente a un expediente de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido da entidade interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á entidade citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Promoción do Emprego da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle de que, de non facelo así, considerarase notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 18 de decembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: REINT 2012/116-5.

Nome: Criteria Music Noroeste, S.L.

CIF: B36954535.

Último enderezo coñecido: rúa Venezuela, 28-entresollado, oficina D, Vigo, 36213 Pontevedra.

Feito imputado: non manter o traballador subvencionado por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 14.5 da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos e plans de estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Contido da resolución: procedencia do reintegro da axuda.