Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 133/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: novas saídas da subestación Río do Pozo.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea da subestación Río do Pozo-LMTS ao CT Río do Pozo, 23, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Río do Pozo (expediente IN407A 2008/496), condutor tipo RHZ1-2 OL (AS)-12/20 kV, 3 (1×240) mm2 Al, e final na LMTS ao CT Río do Pozo, 23 (expediente IN407A 2007/127), cos primeiros 20 m baixo canalización existente (expediente IN104A 2008/581).

Liña eléctrica de media tensión subterránea da subestación Río do Pozo-LMTS ao CT Río do Pozo, 15, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Río do Pozo (expediente IIN407A 2008/496, condutor tipo RHZ1-2 OL (AS)-12/20 kV, 3 (1×240) mm² Al, e final na LMTS ao CT Río do Pozo, 15 (expediente IN407A 2007/127), cos primeiros 20 m baixo canalización existente (expediente IN407A 2008/581).

Liña eléctrica de media tensión subterránea da subestación Río do Pozo-LMTS ao CT Río do Pozo, 22, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Río do Pozo (expediente IN407A 2008/496), condutor tipo RHZ1-2 OL (AS)-12/20 kV, 3 (1×240) mm2 Al, e final na LMTS ao CT Río do Pozo, 22 (expediente IN407A 2007/127), cos primeiros 20 m baixo canalización existente (expediente IN407A 2008/581).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña