Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 34/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT Vilar (expediente 32.607).

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión (LMT) (aérea) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,202 km sobre apoios existentes, con condutor LA-56/54,6 mm² Al, coa orixe no apoio nº 23 existente da LMT CBL-704B, tramo da derivada a CT Vilar (expediente 32.607), e final no apoio nº 25 existente do CT Vilar que se vai reformar proxectado.

Centro de transformación (CT) intemperie Vilar, coa substitución do transformador existente por un de potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, así como as autoválvulas, interruptor tetrapolar, rede de terras e cruceta sobre apoio existente, no concello de Carballo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña