Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2011/0211-1.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de relacións laborais.

Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e o interesado poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselle que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa: Esabe Vigilancia, S.A.

Enderezo: r/ Caballeros, 3, 5º esq. A Coruña.

Nº de expediente: 2011/0211-1.

Acta de infracción: 46767/2011/1/T.

Data resolución Dirección Xeral: 16 de novembro de 2012.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 8.000 €.