Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2011/0292-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde.

Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e o interesado poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselle que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa: Solucións Integrais de Enxeñería Civil, S.L.

Enderezo: Ponte Bora, 24, Bora, Pontevedra.

Nº expte.: 2011/0292-4.

Acta de infracción: 95912/2011/4/H.

Data resolución Dirección Xeral: 13 de novembro de 2012.

Preceptos infrinxidos: artigos 15 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co artigo 11.1.a) e b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, pola que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigo 12.23.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 2.046 €.