Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-LU-0047/2012-P.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento SAN-LU-0047/2012-P.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá a interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo á súa elección ben ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, por ser a sede do órgano autor do acto impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 8.2.b), 14.1.Segunda e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ambos os prazos cóntanse a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0047/2012-P.

Interesada: Pollán e Hijos, S.L.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón Tejeiro, 7, Muimenta, 27377 Cospeito, Lugo.