Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-LU-0057/2012-IA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento SAN-LU-0057/2012-IA.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o secretario xeral de Medio Rural e Montes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co sinalado no artigo 26.2.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 15.1 do Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

Ambos os prazos cóntanse a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0057/2012-IA.

Interesado: Manuel Fernández López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avda. de Sarria, s/n, 27640 Becerreá (Lugo).