Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lle notifica á interesada a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, ditada no expediente 36/50011/09 A.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución ditada no expediente nº 36/50011/09 A.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, poderá a interesada interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

– Procedemento: axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, expediente nº 36/50011/09.

– Interesada: Durán López, Erica.

– Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: rúa Bélxica, nº 13-3º H, 36162 Pontevedra.