Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lle notifica ao interesado no expediente 15/50038/05A o acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias e a procedencia do reintegro das cantidades percibidas indebidamente.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo ditado no expediente 15/50038/05A.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Antes de ditar a resolución pola que se declare, de ser o caso, a perda total da axuda concedida e a obriga de reintegro das cantidades percibidas indebidamente, e de acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o interesado pode presentar cantas alegacións e documentos considere convenientes, para o que dispón dun prazo de 15 días desde esta publicación, coa advertencia de que se transcorrese o dito prazo sen que o beneficiario presentase alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, número de expediente 15/50038/05A.

Interesado: Pérez Caamaño, Jesús Ángel.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e a procedencia do reintegro das cantidades percibidas indebidamente.

Último enderezo coñecido: Cures, Cereixo, 15129 Vimianzo, A Coruña.