Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, do servizo de limpeza das dependencias do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia para o Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Técnica.

2. Enderezo: Pazo de Quián, s/n, Sergude.

3. Localidade e código postal: 15881 Boqueixón.

4. Teléfono: 881 99 72 76.

5. Fax: 981 54 66 76.

6. Correo electrónico: ingacal@xunta.es.

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/

8. Data límite de obtención e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

9. Expediente: 01/2012 SE do Ingacal.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato de servizo para a realización dos traballos de limpeza nas dependencias do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia para o Ingacal.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución: nas instalacións do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia en Abegondo.

e) Prazo de execución: doce meses (12).

f) Admisión de prórroga: si, por outros doce (12) meses.

g) CPV: 90911200.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares, folla de especificacións letra l).

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 82.668,00 euros; IVE (21 %): 17.360,28 euros. Importe total: 100.028,28 euros.

b) Valor estimado: 165.336,00 euros (sen IVE), incluída a prórroga.

5. Financiamento: fondos propios do Ingacal.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría a.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: segundo o disposto nas epígrafes H e I da folla de especificacións do prego.

7. Garantías exixidas.

a) Garantía provisoria: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do quinceavo (15) día natural contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Lugar de presentación:

1. O único rexistro válido será o Rexistro do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Pazo de Quián, s/n, Sergude, 15881 Boqueixón (A Coruña); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado, dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación, no mesmo día, mediante fax (981 54 66 76).

9. Admisión de variantes: non se admiten variantes de ofertas, pero si solucións técnicas que fornezan valor engadido aos servizos recollidos nas características exixidas. Tamén se valorará neste punto a oferta de alternativas.

10. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

11. Apertura de ofertas: sala de xuntas da sede do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Sergude, 15881 Boqueixón (A Coruña).

a) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

13. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo VII das cláusulas administrativas.

Sergude, 18 de decembro de 2012

Rosa Quintana Carballo
Presidenta do Instituto Galego da Calidade Alimentaria