Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2125

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación de vacún (expediente 6956/12).

Manuel García Mato presentou neste concello, expediente 6956/12, solicitude de licenza de obra para instalación dunha explotación de vacún, sita en Meixomín-Muimenta de Lalín.

De conformidade con disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente citado durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e sexan formuladas polos interesados as alegacións que coiden convenientes.

Lalín, 29 de novembro de 2012

José Crespo Iglesias
Alcalde